Benvido a aplicación Centros Educativos de Galicia

O obxectivo desta aplicación é facilitar a profesores e mestres do ensino público galego a participación nos concursos de elección de centros: o concurso xeral de translados (CXT) e o concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).

Para empregar a aplicación primeiro marca a túa localización na opción do menú 'Cambiar Localización' ou permitindo que o teu navegador acceda a túa localización. Espera a que se carguen os datos relativos a túa localización.

A continuación selecciona os teus criterios de filtrado e ordenación empregando a barra lateral se estás nun ordenador ou o menú desplegable co botón 'Filtros' se empregas un móbil. Unha vez feito isto, preme no seguinte botón:

Cada vez que se modifiquen os filtros ou o criterio de ordenación, borrarase a lista de centros. Para gardar esta lista podes empregar a opción do menú 'Exportar Centros'.

Este programa pode ter erros. Así que antes de enviar a túa instancia do CAPD ou do CXT comproba que os datos aportados pola aplicación se corresponden coa realidade.